04 Outubro 2006

Es un privilexiado

Es un dos poucos privilexiados que viu ese anuncio dun supermercado. Pero, non me dirás que non lembras a Negreira en Café las Candelas.
Respondendo á túa pregunta, gústame dicir que son "vedete" (así o dixo Roberto Vidal Bolaño) e básicamente traballo en Chévere e na Nasa desde o ano 94.
Un saúdo e grazas.

quero unha copa de champaña

Hoxe, aproximadamente ás 9.30 da mañán, fixemos Uxío e eu unha secuencia do capítulo 21 na que bridabamos cunha copa de champaña. Repetimos a secuencia como unhas seis ou sete veces. Neste mundo tan falso da televisión só a champaña é auténtica. Hoxe, pódese dicir que Pilar, aínda que pareza incrible, marchou un pouco peneca para a casa.

15 Setembro 2006

Pepeeeeeeeeeeeee...

Benvidos